Poio celebrará mañá mércores o Día da Matria Galega 2021

27 Xullo 2021

Mañá, mércores 28 de xullo, terá lugar ás 21:00 horas no Xardíns de Rosalía de Castro (Ferreirós, Poio) o acto institucional do Día da Matria Galega 2021.

De seguido, procederase á entrega de bandeiras galegas e a Escola de Música Tradicional de Poio interpretará o Himno Galego.

O acto rematará co concerto de A banda da Loba , grupo de música galega integrado por cinco mulleres onde o pop, blues, folk, rock e os sons tradicionais crean un estilo musical heteroxéneo e singular.

Aforo limitado a 100 persoas. Reserva a túa bandeira enviando un correo a alcaldia@concellopoio.gal ou chama ao 986 770 001.

Está pasando!