O Día da Ilustración 2021 homenaxea a Lolita Díaz Baliño

29 Xaneiro 2021

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego.

O Día da Ilustración 2021 homenaxea a María Dolores Díaz Baliño (A Coruña, 1905 – 1963), máis coñecida como Lolita Díaz Baliño. Fotógrafa, pintora, ilustradora e profesora, foi a primeira muller membro da Real Academia de Belas Artes (o 13 de febreiro de 1938) xunto con Carmen Corredoyra. A súa obra, de influencia folclorista, centrouse na representación do universo feminino, mantendo os estilos comúns aos seus coetáneos.

O cartaz desta edición foi elaborado por Manel Craneo. Artista multimedia e interdisciplinar, combina os seus traballos no contexto do “ fanzine” co cómic, así como coa ilustración tradicional e máis transgresora. A súa obra foi exposta en diferentes mostras, tanto en España e Portugal, como en Francia e Cuba. Destaca, en particular, o Premio Nacional de Cómic sobre a ilustración da obra titulada “Vida e obra de García Lorca”.

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Está pasando!