Intervencións artísticas, visitas guiadas e música no Museo de Pontevedra para festexar o Día Internacional dos Museos

18 Maio 2021

O martes 18 o Museo de Pontevedra vai festexar o Día Internacional dos Museos cunha intervención artística baseada nunha acción de creación participativa na área de cristal do edificio Castelao na que un grupo de artistas (xestionado por Paspallás) creará un mural que vai virar ao redor do lema que o ICOM estableceu para esta efeméride: “O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar”.

Esta intervención, á que o Museo convida a participar a todas as persoas que o desexen, será ao longo de todo o día, desde as 11:00 ata as 19:00 h.

CONCERTO DE PIANO

Ademais desta actividade, que busca activar o espazo do museo como lugar de acción aberto e participativo, a pianista de formación internacional, María Domínguez Pérez, ofrecerá un recital ao piano cun pase ás 13:00 e outro ás 20:00 h.

VISITAS GUIADAS

Dúas visitas guiadas ás 11:00 e 12:00 h e aás 18:00 e 19:00 h. completarán as actividades deste día tan sinalado. Para participar nelas precísase inscrición.

OUTRAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PARA O RESTO DA SEMANA

Mércores 19

Visita guiada aos edificios Castelao e Sarmiento (18:00 h) (con inscrición previa*).

Xoves 20

Visita guiada ás Ruínas de Santo Domingo ás 12:00 h. Sen inscrición previa. Visita guiada aos edificios Castelao e Sarmiento ás 18:00 h (con inscrición previa*).

Venres 21

Visita guiada aos edificios Castelao e Sarmiento ás 18:00 h (con inscrición previa*).

Sábado 22

Visita presentación da exposición “Galicia, de Nós a nós” ás 12:00 h (con inscrición previa*).

Concerto de Laura LaMontagne & PicoAmperio ás 22:00 h (con inscrición previa*).


*Para solicitude de visitas con inscrición previa, o horario de atención de correo electrónico educacion.museo@depo.es será de 08:00 a 14:30 h de luns a venres.

Se se quere reservar a visita durante a fin de semana, requírese chamar ao seguinte número 986 804 100.


Día Internacional dos Museos 2021: “O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar”

Día Internacional dos Museos

Cada ano desde 1977, o ICOM organiza o Día Internacional dos Museos, un momento excepcional para a comunidade museística internacional.

O obxectivo do Día Internacional dos Museos (DIM) é concienciar sobre o feito de que os museos son un importante medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos.

Organizados cada 18 de maio ou ao redor desa data desde hai máis de 40 anos, os eventos e actividades planeados para celebrar o DIM poden durar un día, unha fin de semana ou incluso toda a semana.

Cada vez son máis os museos por todo o mundo que participan nesta celebración mundial: o ano pasado foron 37.000 museos os que tomaron parte no evento en 158 países e territorios.

Día Internacional dos Museos 2021: “O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar”

Co tema “O futuro dos museos: recuperar e reimaginar“, o Día Internacional dos Museos 2021 convida os museos, aos seus profesionais e ás comunidades para crear, imaxinar e compartir novas prácticas de ( co)creación de valor, novos modelos de negocio para as institucións culturais e solucións innovadoras para os retos sociais, económicos e ambientais do presente.

Está pasando!