Do 2 de novembro ao 1 de decembro, a Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías organizará o XVIII Brumario Poético

31 Outubro 2022

Este Brumario Poético 2022, organizado durante 18 anos consecutivos pola Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, leva por título ‘A danza das Serpes. Da helénica Tebas a hoxe, en calquera lugar de fronteira’ que simboliza algúns de témalos protagonistas desta nova edición do Brumario Poético.

Todos os actos terán lugar no Teatro Principal de Pontevedra ou na Sala VerSus (rúa Xerardo Álvarez Limes, 12) e son de libre e gratuíto acceso a todas ls personas interesadas, ata completar aforo.

RECITAIS POÉTICO – MUSICAIS

(Teatro Principal de Pontevedra – 20:15h)

  • 2 novembroHomenaxe a ‘Jorge J. Candán e Pilar Barros: 25 anos de cinema, fotografía, ciencia, defensa do medio ambiente mariño e a natureza’. Recital videográfico de Producións J.J. Candan, en torno ao mundo acuático e a danza das criaturas do océano.
  • 4 novembro – Grupo teatral ‘Degaro’, baixo dirección de Ana Corzo, pon en escena o retablo poético ‘La Serpiente Blanca’ de Miguel Ángel Cuña, en torno ao drama da inmigración.
  • 9 novembroAntígona, máis que nunca viva. Rapsodia poético-musical, en torno ao mito de Antígona: Música: Leonard Román (acordeón), Harry Price (violín) e José Santomé Juncal, Johan (contrabaixo).
  • 30 novembro – Recital poético-musical Homenaxe a Jorge Cuña. Presentación ‘Hipofanías’, texto de Jorge Cuña (reedición) e música, Grupo Moloch: Laura García (guitarra, baixo e voz), Andrés Martínez (teclados e voz) e Violeta Mosquera (batería).

RECITAIS POÉTICO – MUSICAIS

(Sala Versus – rúa Gerardo Álvarez Limeses, 12 – 20:00h)

  • 18 novembro Homenaxe ao poeta César Vallejo, ‘Pedra negra sobre unha pedra branca’. Recital poético musical.
  • 24 novembroHomenaxe a Manuel Cuña Novás. Recital poético musical… A sede estaba na terra, e para a sede a auga. Fixeron da auga sede, e da sede pinga falsa.

PROXECCIÓNS

(Sala Versus – rúa Gerardo Álvarez Limeses, 12 – 20:00h)

  • 10 novembro – Film: ‘Antigoni’, de Yorgos Javellas (1961, Grecia).
  • 17 novembro – Film: ‘Suavemente Anastasia pasaba’, de Alexandru Tatos (1980, Rumania).
  • 24 novembro – Film: ‘Antigone’, de Sophie Deraspe (2019, Canada).
  • 1 decembro – Film: ‘Qiu Ju, unha muller chinesa’, de Zhang Yimou (1992, China).


Está pasando!