© Eladio y los Seres Queridos

Eladio y los Seres Queridos inauguran as sesións vermú do festival TerraCeo

4 Xuño 2021

Na primeira fin de semana do segundo mes do Festival TerraCeo 2021 chegan as sesións vermú, e será unha banda viguesa, Eladio y los Seres Queridos, quen as inaugure.

A programación da fin de semana complétana Anni B Sweet, Juancho Marqués, e dous das novas voces do panorama musical de Vigo: Sara Casas e Cedecé.

Sara Casas inaugura os teloneos a cargo de voces locais mañá ás 20:30 horas, antes de que compareza no escenario Anni B Sweet. Tamén artista plástica e fotógrafa, Sara Casas ten un estilo moi propio, íntimo e emocionalmente intenso que ten influencias como as de Chavela Vargas, Violeta Parra, Silvia Perez Cruz, hasta Amy Winehouse ou Luisa Sobral.


© Anni B Sweet

Chegan as sesións vermú

O sábado 5, ás 13:00 horas, chega a primeira das sesións vermú da segunda edición de TerraCeo. Eladio y los Seres Queridos, que interpretarán os seus temas máis coñecidos xunto aos do seu último traballo, ‘Academia’ (2020) noutra sesión que está a piques de colgar o cartel de “sold out”.

A programación desta fin de semana a completa un atardecer de sábado inzado de rap e música urbana. Chega ao Auditorio Mar de Vigo, ao fin, Juancho Marqués: o seu concerto programado para a primavera de 2020 tivo que ser suspendido pola pandemia. Moi vinculado a Galicia, a de Marqués é unha das propostas máis interesantes, e con máis seguidores, da música urbana en España. As entradas levan semanas esgotadas.

Antes de Juancho Marqués, presentarase en TerraCeo o rapeiro vigués Cedecé. Nado en 1996, interpretará algunhas das cancións do seu traballo máis recente: “Hipersensible”.


© Festival TerraCeo

Os concertos nocturnos de xuño comezan as 20.30 horas

Todos os concertos programados polo Fegtival TerraCeo para as 20:00 horas neste mes de xuño pasan a comezar ás 20:30 horas.

O cambio na hora permitirá desfrutar mellor do solpor. E resulta posible grazas aos cambios normativos e dos límites horarios.

Cando se programou TerraCeo, as restriccións horarias eran diferentes. O Festival segue adaptándose, como fixo dende o seu nacemento, para poder ofrecer as mellores veladas de música ao aire libre, e segura, de España.

O cambio non lles afecta aos espectáculos programados en sesión vermú ou ás 18:00 horas.

Está pasando!