“En3vistas”. Encontros con referentes da música, artes escénicas, cociña, deporte e xornalismo

9 Xullo 2020

Referentes da música, artes escénicas, cociña, deporte e xornalismo para presumir de lingua nos encontros En3vistas.

Trátase de cinco conversas en distintos espazos da cidade de Pontevedra entre persoas de recoñecido prestixio nos seus ámbitos profesionais e que actúan como “referentes lingüísticos dunha xeración”.

Os encontros terán lugar ao longo do mes de xullo e participarán María Mera, Genna Baamonde, Javier Olleros, Kin Martínez, Sabela Ramil, Patricia Hermida, Adrián Ben, Diego Espiño, Cora Velasco e Marcelo DoBode.

En3vistas terá tres partes. Unha pequena peza de promoción de cada encontro que se emitirá a través da plataforma vinte.praza.gal; cada un dos encontros físicos que se desenvolverá no espazo público; e a transmisión en directo a través de redes sociais e  a gravación que quedará dispoñible nas canles do Concello de Pontevedra.
 
Encontros

  • Venres 10 de xullo, na praza da Peregrina ás 18:00 h. a actriz (protagonista da primeira serie en galego emitida en Netflix) María Mera conversará coa dramaturga (gañadora do María Casares pola dirección escéncia de ‘Marcela e Elisa’) Genna Baamonde.
  • Luns 13 de xullo, na rúa Serra ás 18:00 h, o cociñeiro galardoado cunha estrela Michelín Javier Olleros conversará co produtor musical Kim Martínez.
  • Venres 17 de xullo, no parque dos Gafos ás 20:00 h. a cantante que participou en Operación Triunfo (a primeira que cantou unha canción en galego neste programa) Sabela Ramil conversará coa manager musical e fundadora da Asociación Mulleres na Industria da Música, Patricia Hermida.
  • Luns 20 de xullo, na avenida de Santa María ás 20:00 h. o atleta e medallista europeo Adrián Ben conversará co xornalista especializado en deporte Diego Espiño.
  • Vernes 24 de xullo, na Ponte do Burgo ás 20:00 h. a música alternativa e indie Cora Velasco conversará co músico de fusión tradicional e de vangarda Marcelo DoBode.

 

Está pasando!