EscaparArte converterá aos comercios da cidade de Pontevedra en escenarios dun circuíto artístico e cultural

29 Abril 2021

Visibilizar o traballo de artistas locais residentes en Pontevedra e poñer en valor o comercio de proximidade convertendo os seus escaparates en expositores e escenarios dun circuíto artístico e cultural son os principais obxectivos do proxecto EscaparArte, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo en colaboración coa fotógrafa e asesora de imaxe comercial Patricia Maquieira e a bailarina e coreógrafa Glau Fonseca.

No marco desta iniciativa, o sábado 8 de maio desenvolverase nos ‘escenarios’ improvisados de 18 tendas e establecementos comerciais unha proposta multidisciplinar que fusionará arte e creatividade e que incluirá actuacións de músicos, cantantes, clowns, bailarinas, instrumentistas ou monologuistas.

O itinerario cultural, co que se pretende apoiar o regreso á normalidade de dous sectores especialmente afectados pola pandemia e fomentar as ventas no pequeno comercio, así como dinamizar e ambientar a nosa cidade, plantexa un percorrido a través de rúas e escaparates, nun ‘maratón’ de actividades entre as 10:00 e as 20:00 horas. 

Os comercios que porán os seus escaparates a disposición deste proxecto son La Tienda de Raquel (praza de San José, 2), Perruquería Ana Barros (Riestra, 14), Vintage Village (Santa Clara, 3), Duos Moda (Virxe do Camiño, 1), Baúl de Veva (Fray Juan de Navarrete, 4), Mímate Delicatessen (rúa Real), Marilyn Coquette (Praza da Verdura, 2), Macos Moda Home (Benito Corbal, 16), Agasallo (Praza da Peregrina, 6), Eurekakids (García Camba, 11), Pombalia (Loureiro Crespo, 13), Tendencias Floristería (Loureiro Crespo, 19), Seven (Cruz Gallástegui, 20), Nakasa (Praza de Galicia, 5), Chema Sneakers (Daniel de la Sota, 9), Yamamay (Sagasta, 11), Quomo (Oliva, 12) e Mission Surf Shop (Peregrina, 48).



Os horarios previstos para a distintas actividades son os seguintes:

10:00 h. La Tienda de Raquel: Glau Fonseca e Raquel Martín

10:30 h. Peluquería Ana Barros: Helena Egea e Miguel Avatar

11:00 h. Vintage Village: Ariadna Santana

11:00 h. Duos Moda: Ricardo Ferreira

12:00 h. Baúl de Veva: Helena Egea

12:30 h. Mímate Delicatessem: Miguel Avatar e Raquel Martín

13:00 h. Marilyn Coquette: Ariadna Santana

13:00 h. Macos Moda Home: Ricardo Ferreira

13:30 h. Agasallo: Eva Chispiña

17:15 h. Eurekakids: Asacociro (malabares/clown)

17:30 h. Pombalia: Miguel Avatar e Raquel Martín

17:30 h. Tendencias Floristería: Helena Egea

18:00 h. Seven: Ricardo Ferreira

18:30 h. Nakasa: Asacocirco

19:00 h. Chema Sneakers: Ariadna Santana

19:30 h. Yamamay: Ricardo Ferreira

20:00 h. Quomo: Miguel Avatar e Helena Egea

20:00 h. Mission Surf Shop: Asacocirco


Está pasando!