Esgotadas todas as prazas para a primeira xornada de ‘Venres de xullo baixo as estrelas’

30 Xuño 2021

O Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organiza ‘Venres de xullo baixo as Estrelas’, unha actividade de observación de estrelas que terá lugar os venres de xullo.

As prazas para a primeira actividade, que terá lugar este venres día 2 de xullo, están xa esgotadas.

A actividade terá lugar os venres 2, 9, 23 e 30 de xullo no Puntal (Camposancos) e as inscricións ábrense o luns previo a cada cita remitindo un correo electrónico a aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Os participantes coñecerán as principais constelacións do hemisferio norte, así coma a localización dos planetas e mesmo algúns datos de interese coma as datas das choivas de estrelas perseidas e gemínidas, ou coma orientarse no firmamento empregando algunhas estrelas.


Está pasando!