Curva España | © Jose Vicente

Esta fin de semana, a Sala Ártika acollerá a representación da obra ‘Curva España’ dentro do IV Festival Comediártiko

11 Outubro 2023

Esta fin de semana, a Sala Ártika de Vigo, contará coa presencia do grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro en 2014) que levarán a cabo a representación da obra ‘Curva España’ dentro do IV Festival Comediártiko.

Unha peza que ironiza sobre o xénero documental combinando teatro e cine en directo. Unha alegoría sobre España que se serve dun relato local que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín (Ourense), para confrontar a realidade coa ficción, a historia coa lenda.

‘Curva España’ trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre as súas causas, motivacións e consecuencias.



‘Curva España’ é a historia dunha investigación sobre un suceso do pasado e sobre as súas implicacións no presente. Un suceso real que tivo un impacto directo limitado a unha pequena comunidade da Galiza interior, pero no que se desvela o xeito no que se vertebrou o estado liberal español durante os séculos XIX e XX, en paralelo á construción do ferrocarril.

As representacións terán lugar o sábado 14 ás 20:00 horas e o domingo 15 de outubro ás 20:00 horas (con coloquio post función a cargo da compañía).

Entradas anticipadas á venda dende 10 euros en artikavigo.com


Está pasando!