‘Morte accidental dun anarquista’ | © Talía Teatro

Esta fin de semana chega á Sala Ártika de Vigo a obra ‘Morte accidental dun anarquista’, a cargo de Talía Teatro

17 Xaneiro 2024

O sábado 20 e domingo 21 de xaneiro ás 20:00 horas na Sala Ártika, a compañía Talía Teatro porá en escena a comedia ‘Morte accidental dun anarquista’, de Dario Fo.

Dirixida por Cándido Pazó, a obra está protagonizada por Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos.

Seguramente esta afirmación non sería moito do seu agrado, pero a día de hoxe podemos considerar que Darío Fo é xa un clásico teatral dos últimos tempos. Por iso quixemos unirnos á inmensa nómina de compañías que montaron, montan e montarán as súas pezas, e entre elas, Talía leva a máis emblemática de todas. Os clásicos é o que teñen, que as súas portas están sempre abertas a novas visitas: dos creadores e do público.

Porque, por desgraza, cincuenta anos despois de ser escrito, este sainete político, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue aportando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade.


‘Morte accidental dun anarquista’ | © Talía Teatro

Espectáculo de 100 minutos de duración, recomendado para maiores de 13 anos.

Entrada anticipadas á venda en artikavigo.com a 13 euros + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función) e a 16 euros na billeteira.


Está pasando!