Esta fin de semana estará na Sala Ártika a obra galardoada co Premio María Casares 2022 ao Mellor Espectáculo Infantil, ‘Hugo’ de Os Náufragos

17 Xaneiro 2023

A compañía Os Náufragos Teatro trae esta fin de semana á Sala Ártika de Vigo a obra galardoada co Premio María Casares 2022 ao Mellor Espectáculo Infantil, ‘Hugo’.

Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústanlle falar e as plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro autista. ‘Hugo’ fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia. Ser diferentes fainos grandes.

‘Hugo’ é un espectáculo necesario porque amosa o TEA como unha forma de pensar, sentir e actuar diferente, que debe ter plena cabida nunha sociedade diversa como a nosa.

Sábado 21 e domingo 22 de xaneiro ás 18:00 horas

  • Idade recomendada: + 4 anos
  • Duración: 40 minutos

Entradas anticipadas a 8 euros + gastos de xestión  (dispoñibles ata 24 horas antes da primeira función) en artikavigo.com e a 10 euros na billeteira.


Tamén o venres 20 de xaneiro ás 20:00 horas a sala Ártika contará co espectáculo de improvisación ‘Narracións imprevistas. Literatura repentina’ de Jorge de Arcos e Santi Prego.

Jorge de Arcos e Santi Prego tentan parar o mundo coas suas historias improvisadas. Ás veces dan certo, e hai un momento altamente poético.

Pero é máis divertido cando fracasan.

  • Idade recomendada: Todos os públicos
  • Duración: 50 minutos

Entradas anticipadas a 10 euros + gastos de xestión  (dispoñibles ata 24 horas antes da primeira función) en artikavigo.com e a 14 euros na billeteira.

Está pasando!