‘A lúa vai encuberta’ | © Lucía R. Regueiro

Esta fin de semana a Sala Ártika de Vigo acolle o espectáculo ‘A lúa vai encuberta’, de Manuel María

9 Xaneiro 2023

O venres 13 e o sábado 14 de xaneiro ás 20:00 horas na Sala Ártika de Vigo, Incendiaria e a Quinta do Cuadrante porán en escena a obra ‘A lúa vai encuberta’, de Manuel María.

Espectáculo gañador do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e do premio María Casares á Mellor Adaptación 2022.

  • Xénero: Teatro Documental
  • Idade recomendada: + 13 anos
  • Duración: 75 min

SINOPSE:

‘A lúa vai encuberta’ é unha peza arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, moitas veces silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.


‘A lúa vai encuberta’ | © Lucía R. Regueiro

Ficha artística:

  • Dirección: Tito Asorey
  • Interpretación: Davide González, Melania Cruz, Vanesa Sotelo e Tito Asorey
  • Autor: Manuel María
  • Dramaturxia: Vanesa Sotelo
  • Escenografía e vestiario: Carlos Alonso
  • Iluminación e vídeo creación: Laura Iturralde
  • Asistencia de iluminación e proxeccións: Denise Freire
  • Fotografía, vídeo e imaxe gráfica: Lucía R. Regueiro
  • Técnico en xira: Xacobo Castro
  • Axudantía dirección e produción: Sara Rey

As entradas teñen un prezo de 14 euros (billeteira) ou 10 euros + gastos de xestión (anticipada) en artikavigo.com


Está pasando!