Presentación do Armadiña Rock | © Concello de Poio

Esta mañá presentouse na Praza da Rualeira a edición número XIII do Festival Armadiña Rock, que se enmarca na Festa do Mar do Concello de Poio

19 Agosto 2021

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, e a concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez, participaron este xoves no acto de presentación do Festival Armadiña Rock unha iniciativa organizada pola ACDeM Armadiña que conta coa colaboración do Concello de Poio.

O evento terá lugar desde mañá venres 20 de agosto ata o sábado 21, con concertos musicais, actividades para os máis cativos e outras iniciativas.

Todas as citas cumprirán coas directrices de aforo, hixiene e distanciamento que marcan as autoridades sanitarias.

O alcalde Sobral e a edil nacionalista felicitaron aos responsables do colectivo por continuar impulsando un evento que xa é un clásico do verán en Poio, adaptado nesta ocasión ao contexto da pandemia da COVID-19, e que se engade á programación da Festa do Mar 2021.

Máis información sobre o programa nos perfís da ACDeM Armadiña e Festival Armadiña Rock ou en festival.armadinha.gal


Está pasando!