Este sábado o concerto de San Rockers na Guarda abre o ciclo de concertos “Música e viño no teu camiño”

29 Setembro 2022

A praza de Avelino Vicente da Guarda acollerá o sábado 1 de outubro este primeiro concerto organizado por EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

Esta iniciativa que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” impulsado pola Xunta de Galicia e que ten por obxectivo xerar espazos de encontro e de lecer entre a veciñanza, visitantes e peregrinas e peregrinos que estean a facer o Camiño de Santiago nesta época do ano.

O concerto, con entrada de balde, comezará ás 13:00 hoas en sesión vermú e a banda viguesa San Rockers ofrecerá un recorrido polas cancións máis influentes do pop/rock español das décadas dos 80/90 ata a actualidade.

Esta actividade pretende fomentar as experiencias positivas arredor da música e dos produtos de todo noso territorio e deste xeito poñelos en valor.

Nesta ocasión, a música acompañará os viños da D.O. Rías Baixas apoiándose nos establecementos da vila e, como non, da nosa gastronomía.

Está pasando!