Festival Son de Marín | Son de Marín

This is a repeating event

13º Festival Son de Marín

ven01agoConsultar13º Festival Son de MarínHomenaxe a John Balan(Consultar: venres) Concello de Marín - Marín

Detalles do Evento

A 13 edición do Son de Marín, un evento clásico da programación de verán, encherá de música, cultura e arte as rúas e prazas da vila durante todo o fin de semana.

A programación arrancará o venres, 1 de agosto, ás 19.00 horas, coa tradicional ofrenda floral á figura do músico e showman marinense John Balan. Será no Cemiterio de Santomé de Piñeiro co acompañamento do grupo Os de Marín.

Despois, ás 21.30 horas, a Alameda acollerá o concerto ‘Marín Canta’, cos Saljarteir@s. A mención especial nesta edición será para Cantareir@s de Marín, pola súa traxectoria na promoción cultural no concello.

A xornada do sábado arrancará ás 11.00 horas cos pasarrúas simultáneos das Zumby Kids (Praza de Abastos – Praza do Klee – Rúa do Sol – Alameda), Os de Marín (Praza de Abastos – Doutor Touriño – Ejército e Marina – Rúa do Sol), Os Chaneiros (Ezequiel Massoni – Jaine Janer), Rebumbio Percusión (A Cañota – Cantodarea – Avenida de Ourense) e Airiños de San Xulián (Jaime Janer).

As actuacións arrancarán tamén ás 11.00 horas coas Cantareir@s de Marín na Rúa Almuíña. Despois, ás 12.00 horas, solaparanse os espectáculos de Fentos e Frouma e Antonio Peixoto, na Rúa Lameira; Marín In Verso, con Céltica, na Praza da Veiguiña; As Ferriñas e Trompos Ós Pés, na Rúa Ribeira de Arriba e Pandereteir@s da Veiguiña, na Praza 8 de Marzo.

Ás 12.30 horas, pechará a programación da mañá a Banda de Música de Marín, cun concerto na Alameda.

Á noitiña, as actuacións retómanse a partir das 20.30 horas coa homenaxe a John Balan, presentado por Julio Santos Pena e na que se fará unha mención especial aos Chaneiros, proxectando o seu documental sobre a traxectoria de máis de 50 anos de historia. A continuación, actuará Daniel Castelli.

Ás 21.30 horas, a música continuará en Méndez Núñez (detrás do Concello) co grupo de versións Bela&Charlo e coa Orquestra Cé Pantasma na Alameda.

Ás 22.00 horas, será a quenda de Sr. Nilsson Band na esquina entre O Rural e o Nao e media hora máis tarde na Rúa Estrada, na esquina do Rincón de Juansito, actuará Four Passengers. Tamén a esa hora actuará Candela na Rúa Real.

O peche de festa será ás 23.30 horas na Alameda co concerto de Ricardo Parada.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Marín

Marín

Está pasando!