25N 2025 en Soutomaior

xov20novConsultarxov18dec25N 2025 en Soutomaior'Esgotadas, violencias estruturais'(Consultar) Multiusos de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

Baixo o lema ‘Esgotadas, violencias estruturais’ o Concello de Soutomaior lanza esta campaña referíndose ao dano causada ás mulleres por estrutura social, política, sanitaria, administrativas ou legais que impiden a satisfacción das necesidades humanas básicas sen necesidade de violencia directa.

Un 25N que terá a súa programación no Centro de Benestar Integrado (Multiúsos) e que comezará o 20 de novembro, ás 20:00h, co relatorio anteriormente citado, ‘As tolas que non eran’ de Carmen V. Valiña.

Seguirá a programación o venres 28 de novembro ás 20:00h. coa representación da obra de teatro ‘Anatomía dunha serea’ de Iria Pinheiro e pechará a programación deste ano o 18 de decembro co obradoiro ‘The Experience’, presentación do libro ‘Agotadas’ de Alba Cobo.

Un obradoiro que se expón como unha vivencia artística, corporal e colectiva, que busca explorar o ensaio feminista de Alba sobre o cansazo estrutural que moitas mulleres experimentan e como o descanso pode ser un acto de resistencia.

Este obradoiro será de balde e con inscrición previa, do 25 de novembro ao 10 de decembro en soutomaior.gal

Hora

Novembro 20 (Xoves) - Decembro 18 (Xoves)

Localización

Multiusos de Arcade

Rúa do Peirao, 8, 36690 Soutomaior

Está pasando!