Árbore de Nadal na praza de Galicia | Concello de Vilagarcía de Arousa

Acendido de luces de Nadal 2025 en Vilagarcía

sáb29nov18:00Acendido de luces de Nadal 2025 en Vilagarcía'nadalízate'18:00 Praza da II República - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A cidade de Vilagarcía brillará grazas a preto de 300 elementos luminosos que chegarán a máis dun centenar de rúas, tanto do centro urbano como do rural. Inclúen arcos luminosos, tiras led, grupos de bolas, boas, coroas, figuras tridimensionais, adornos de fachadas, etc.

A decoración estenderase por Arcebispo Lago, praza do Castro, Edelmiro Trillo, A Baldosa, rúa do Río, praza da Liberdade, rúa do Carme, Vázquez Leis, praza de Rafael Pazos, a rotonda do Rial, a de Man con Man, etc. Tamén chegará a os Centros Socioculturais da localidade, así como ao seu entorno.

“A empresa comezou a traballar con tempo para poder deixar todo listo de cara ao día 29”, apuntou a edil responsable. Dende a concellería de Cultura confían en que a decoración “estará á altura da cidade”, e contribuirá “a crear ese ambiente de ilusión típico desta época do ano”.

Actividades para as familias

Papa Noel e os seus axudantes, Adelfa, Rodelfo e todos os Elfos da Casa non se perderán a celebración. Como novidade deste ano, haberá animación de rúa dende as 17:00 horas da tarde. Máis de 40 persoas desfilarán polo centro de Vilagarcía coa intención de ir quentando motores de cara ao acendido.

Ás 18:00 horas reuniranse na praza da II República e sairán cara praza de Galicia, onde terá lugar o acto final. Alí estaraos esperando o alcalde, Alberto Varela, e outros membros do goberno local.

O ‘trineo’ subirá á plataforma para colocarse no interior do gran árbore de Nadal que coroará a praza. Dende alí, Papa Noel recibirá aos nenos e nenas que desexen trasladar as súas peticións de agasallos.

Ao mesmo tempo, a Escola de Música Coda realizará un espectáculo musical creado en exclusiva para este día e no que se inclúe algunha sorpresa que promete non deixar a ninguén indiferente.

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Praza da II República

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!