'Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar' en Mos

lun10novConsultarven28nov'Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar' en MosDeputación de Pontevedra e Universidade de Vigo(Consultar) Concello de Mos - Mos

Detalles do Evento

‘Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar’ é unha exposición que busca dar visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño.

A mostra está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía, Aida Fernández.

Esta iniciativa está promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño.

Visitable do 10 ao 28 de novembro no CEIP de Atín-Cela en Mos.

Hora

novembro 10 (Luns) - 28 (Venres)

Localización

Concello de Mos

Está pasando!