Andainas en Pontevedra 2024

sáb19outConsultarAndainas en Pontevedra 2024Organizadas polo concello da guarda(Consultar: sábado) Provincia de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

As andainas combinan o deporte co coñecemento doutros lugares achegados na nosa provincia cunha paisaxe e elementos patrimoniais destacados, contan cun calendario de 4 andainas organizadas polo Concello da Guarda, repartidas entre a primavera e o outono.

Esta actividade organizase cun autocar para o traslado dos participantes e con guías interpretativos da natureza que acompañarán ao grupo. A distancia destas rutas rondan entre os 10 e 15 km polo que as persoas interesadas deberán atoparse en condicións físicas adecuadas para realizar andainas duns 15 km e con certa dificultade polo desnivel.

Este é o calendario das andainas:

  • 4 de maio: Tramo da Vía Mariana (Covelo)
  • 8 de xuño: Visita á Illa de Cortegada e ruta polo Carreirón da Illa de Arousa
  • 28 de setembro: Ruta polo río Xabriña en Mondariz
  • 19 de outubro: Camiño de Taberneiro en Pazos de Borbén

As prazas son limitadas polo que se abre un prazo de inscrición para os interesados do martes 16 o xoves 25 de abril. O venres 26 de abril informarase aos interesados da lista de admitidos.

Máis información e inscrición na Casa dos Alonso (terceira planta) ou ben a través dun mail en turismo@aguarda.es ou no teléfono 986 614 546, aínda que se priorizara a inscrición presencial.


Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Provincia de Pontevedra

Está pasando!