Iván Davila | © NegroLópez

'Animais artistas e outras cousiñas' en Dozón

ven02ago11:00'Animais artistas e outras cousiñas' en Dozóncultura no camiño 202411:00 Concello de Dozón - Dozón

Detalles do Evento

O CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón acolle a posta en escena de ‘Animais artistas e outras cousiñas’, un espectáculo de teatro a cargo da compañía NegroLópez que inclúe manipulación de obxectos e participación do público.

“Animais artistas e outras cousiñas” se divide en tres historias baseadas en feitos reais, protagonizadas por animais: un porquiño pintor, un corvo músico e a tartaruga mais vella do mundo.

Sabías que en Sudáfrica vive un porco chamado Pigcasso que debuxa cadros sen parar? E que o Capitán dos Corvos da Torre de Londres é galego? Coñeces a Jonathan, a tartaruga mais vella do mundo?

Descobre estas historias, inspiradas en feitos reais, que tratan sobre a amizade, a exaltación das artes, a importancia da saúde e o coidado dos nosos maiores.

NegroLópez está formado por Iván Davila (actor e clown) e Brais Iriarte (actor e músico).

Este espectáculo forma parte do programa Cultura no Camiño 2024.

Hora

(Venres) 11:00

Localización

Concello de Dozón

Está pasando!