'Asdomare' con Rilo & Penadique en Vilaboa

sáb27xul20:00'Asdomare' con Rilo & Penadique en VilaboaEspectáculo de Teatro a cargo de Rilo & Penadique20:00 Concello de Vilaboa - Vilaboa

Detalles do Evento

Dentro do programa Cultura no Camiño 2024, o adro das Festas de Santa Cristina acollerá ‘Asdomare’, unha obra de teatro a cargo de Rilo & Penadique, un espectáculo saído da fábrica en pleno confinamento que quere darlle continuidade a ‘O Pozo das Señoras’.

‘Asdomare’ son as mulleres do mar, ou o mar de mulleres. É a senda dos faros que alumean A Maruxaina, A pedra do cu da raíña, Os cantos das conserveiras… Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa.

Un espectáculo de narración oral e música a cargo da consolidada parella formada por Vero Rilo e Sonsoles Penadique.

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Concello de Vilaboa

Está pasando!