setembro, 2021

29set19:00'Asdomare'Caxoto | 'tras as ameas'19:00 Castelo de Soutomaior, SoutomaiorEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

Rilo & Penadique narran, cantan e musican historias, contos escoitados nalgún lugar ou escritos nalgún libro, nacidos desde algún lugar do ser. Fusionan o mundo da infancia coa palabra e coa música para dar lugar a espectáculos de narración oral para crianzas e familias.

O espectáculo ‘Asdomare’ acaba de saír da fábrica en pleno confinamento e quere darlle continuidade a “O pozo das señoras”.

!Asdomare” son as mulleres do mar, ou o mar de mulleres; son a senda dos faros que alumean A Maruxaina, a pedra do Cu da Raíña, os cantos das conserveiras… Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa.

  • Elenco: Vero Rilo e Sonsoles Penadique
  • Duración: 50 minutos.
  • Público: familiar

‘Tras as ameas’ | Deputación de Pontevedra

Tras o éxito de ‘Re-Acción nos Castelos’ o pasado verán, este 2021 a Deputación de Pontevedra volve transformar Soutomaior e Sobroso en escenarios para gozar de interesantes actividades nun contorno único! Recuperamos o alento para respirar a través da cultura e facémolo de novo apelando á orixinalidade e ao misterio que suscita a cultura entre o público, ás ganas de aventura e de participación e, por que non, á tan precisa evasión de todo o que semella máis real agora mesmo.

Co programa ‘Tras as ameas’ a Deputación achegará o público de xeito presencial a eses espazos máxicos e históricos que son parte do noso patrimonio provincial, para mirar cunha ampla perspectiva ao máis alto e máis alá dos seus muros, e poder cumprir con citas coma obradoiros, concertos nos xardíns ou espectáculos escénicos que compartirán como grandes premisas a maxia, o circo e a cor.

Un programa cheo de imaxinación que convidará o público de todas as idades, e especialmente o máis novo, a achegarse con curiosidade e moito ánimo para vivir todo o que vai acontecer tras as ameas dos castelos de Soutomaior e de Sobroso.

Coa premisa de aviventar a cultura, esta iniciativa abarcará desde os meses do verán ata a entrada do outono, explorando todas as disciplinas artísticas e poñendo en valor o patrimonio desde a acción cultural, que, xunto coa musealización dos castelos, supón unha aposta por un proxecto innovador que sitúa a historia en diálogo directo coas novas tecnoloxías, coa diversidade de públicos e coa creación cultural actual.

As ameas son os remates de pedra da parte superior das murallas que tanto caracterizan os castelos e fortificacións, un elemento distintivo da arquitectura defensiva que automaticamente relacionamos coa época medieval, que nos leva a viaxar no tempo, a imaxinar historias,a descubrir personaxes e a vivir aventuras.

Séculos de historia concéntranse neste remate de pedra. Os episodios de cultura que van suceder esta temporada tras as ameas dos castelos de Soutomaior e de Sobroso só os coñeceremos e viviremos se vixiamos ben as posicións da Deputación de Pontevedra!

+info. e solicitude de preinscrición en depo.gal

Hora

(Mércores) 19:00

Localización

Castelo de Soutomaior

Rúa do Rial, s/n, 36691, Soutomaior

Está pasando!