‘Baixo o mesmo paraugas’ en Pontevedra, A Coruña, Vigo e Ourense

sáb03dec12:00sáb23:50‘Baixo o mesmo paraugas’ en Pontevedra, A Coruña, Vigo e OurenseDía Internacional das Persoas con Discapacidade12:00 - 23:50 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

A Praza da Ferraría acollerá este sábado 3 de decembro ás 12:00 horas o acto reivindicativo ‘Baixo o mesmo paraugas’, organizado co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade e que se celebrará en paralelo en Pontevedra, A Coruña, Vigo e Ourense.

Como en anteriores edicións esta iniciativa, na que participarán máis de 100 asociacións de discapacidade de toda Galicia (entre elas Xoga, Aspace, Down Xuntos, Asearpo, Asseii ou Adicam) e que conta coa colaboración do Concello capitalino e a Deputación Provincial, pretende converterse nunha xornada para reclamar os dereitos das persoas con diversidade funcional, convidando a toda a cidadanía a traer os seus paraugas de cores.

Ademais de na Ferraría, tamén haberá concentracións de paraugas na Praza Maior de Ourense (11:30 horas), na Praza da Estrela de Vigo (12:00 horas) e no Parrote, en A Coruña (12:00 horas).

Unha acción que, tal e como sinala o concelleiro de Benestar Social do Concello de Pontevedra, Marcos Rey, “irá acompañada ese mesmo día do acendido de diferentes edificios municipais con iluminación de cor verde: a Casa Consistorial de Pontevedra, a Casa Rosada de Poio e o Consistorio de Cangas”. “O acto da Ferrería -matiza o edil do PSOE- contará con servizo de interpretación de lingua de signos a través do programa Comunico, da Concellería de Benestar Social”.


Hora

(Sábado) 12:00 - 23:50

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!