‘Bibopalula’ | Aine

'Bibopalula' para toda a familia no Culturgal

dom30nov12:00'Bibopalula' para toda a familia no CulturgalFeira das Culturas Galegas12:00 Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

A edición 2025 de Culturgal contará con numerosos espectáculos e actividades para pasar o día en familia no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O prato forte desta programación será o domingo 30 de novembro, cando o espectáculo ‘Bibopalula’ chege ao Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra ás 12:00 horas.

Robin, Carpin, Merli e Pegui son A Banda do Bosque, un grupo de paxaros que fan música e se deron a coñecer cunha serie de gran éxito, agora convertida en produción escénica con cancións, coreografías e efectos especiais.

Ademais de ‘Bibopalula’, o escenario infantil de Culturgal acollerá desde o venres 28 ás 18:00 horas (‘Croco’) ata o domingo 30 ás 18:30 horas (‘O extraño caso da pedra Brum Brum’) numerosos espectáculos de teatro, contacontos e música para nenos e nenas.

Os bonos familiares xa están á venda en cultur.gal por 12 euros os tres días para catro persoas (15 en billeteira).

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!