Campamento Dixital en Marín

lun04agoConsultarven29agoCampamento Dixital en Marínpara nenos e nenas de 9 a 17 anos(Consultar) Concello de Marín - Marín

Detalles do Evento

Aula CeMit de Marín acollerá do 4 ao 8 e do 25 ao 29 de agosto dúas sesións do Campamento Dixital, unha formación 100% gratuíta para que os nenos e nenas de entre 9 e 17 anos melloren divirtíndose sobre competencias dixitais.

A formación, que está certificada, está impartida por educadores especializados e conta con distintos módulos formativos en función das idades.

Aos participantes de 9 a 11 anos ensínaselles como detectar novas falsas, aprender a contrastar información, crear contido e aprender a comunicarse, usar ben os motores de búsqueda, configurar un correo electrónico e crear contrasinais seguras.

Cos de 12 a 13 anos, trátase o tempo que pasan frente ás pantallas, para que saiban organizalo, así como o fortalecemento da privacidade nas redes sociais e como xestionar a pegada dixital. Analízanse casos de ciberacoso e explóranse formas de filtrar, garfar e compartir contido na web.

Finalmente, para os rapaces e rapazas de 14 a 17 anos os módulos inclúen como crear o seu propio currículo, como deseñar un logotipo persoal e poñer en marcha un proxecto dixital propio, como ser creador de contido e como editar vídeos con gancho, explorar que é a intelixencia artificial e para que se pode utilizar, e tamén se lles ensina a crear unha web, un videoxogo ou unha aplicación.

Para inscribirse nas quendas de Marín, será preciso facelo a través da web campamentodigital.org

Hora

agosto 4 (Luns) - 29 (Venres)

Localización

Concello de Marín

Marín

Está pasando!