Carlos Blanco presenta 'A penúltima' en Pontevedra

sáb11abr20:30Carlos Blanco presenta 'A penúltima' en Pontevedraunha produción de Condetrespés20:30 Auditorio Municipal de O Grove - O Grove

Detalles do Evento

O sábado 11 de abril, ás 20:30 horas, Carlos Blanco presentará no Teatro Principal de Pontevedra o seu novo espectáculo, titulado ‘A penúltima’.

Un monólogo que xa fixo rir ao público alá por onde pasou e que segue a receita coa que sempre triúnfa: facendo humor do país mesturando stand-up e improvisación.

En ‘A penúltima’ Blanco xunta historias novas e vellas con anécdotas populares galegas. Todo isto aderezado coa típica retranca e o toque xusto que fai que o espectador, ademais de divertirse, reflexione sobre certos aspectos intemporais e de actualidade.

O título elixido para esta nova montaxe suxire que sempre hai algo máis por vir, xogando coa idea de que nunca se sabe cando será a próxima actuación, pero que, por se acaso, non hai que perderse a actual.

‘A penúltima’ é unha produción de Condetrespés dirixida a público adulto.

Entradas anticipadas á venda dende 16,20 euros en Ataquilla.com.

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Auditorio Municipal de O Grove

Pasaxe Monte da Vila, 15, 36989 O Grove

Está pasando!