Carlos Blanco presenta 'A penúltima' en Vilagarcía

sáb28mar20:30Carlos Blanco presenta 'A penúltima' en Vilagarcíaunha produción de Condetrespés20:30 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Carlos Blanco volverá recalar no Auditorio Municipal de Vilagarcía o sábado 28 de marzo ás 20:30 horas para estrear na súa cidade o seu novo espectáculo, titulado ‘A penúltima’.

Un monólogo que xa fixo rir ao público alá por onde pasou e que segue a receita coa que sempre triúnfa: facendo humor do país mesturando stand-up e improvisación.

En ‘A penúltima’ Blanco xunta historias novas e vellas con anécdotas populares galegas. Todo isto aderezado coa típica retranca e o toque xusto que fai que o espectador, ademais de divertirse, reflexione sobre certos aspectos intemporais e de actualidade.

O título elixido para esta nova montaxe suxire que sempre hai algo máis por vir, xogando coa idea de que nunca se sabe cando será a próxima actuación, pero que, por se acaso, non hai que perderse a actual.

‘A penúltima’ é unha produción de Condetrespés dirixida a público adulto.

Entradas anticipadas á venda dende 13 euros en Ataquilla.com. De non esgotarse antes, tamén poderán adquirirse o día da función na billeteira do Auditorio.

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!