Combate Naval nas praias da Concha e Compostela | Concello de Vilagarcía de Arousa

Combate Naval en Vilagarcía

sáb23ago23:59Combate Naval en Vilagarcíafestas de san roque 202523:59 Praia da Concha - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Enmarcado nas Festas de San Roque 2025, o sábado 23 de agosto as Praias da Concha e Compostela acollerán este espectáculo pirotécnico único en Galicia, con máis de 150 anos de historia.

A cita deste sábado, manterá o esquema tradicional, combinando a tirada dende o peirao do Ramal e dende o mar. Este ano o lanzamento acuático volverá a ser dende tres plataformas flotantes diferentes, para dar máis espectacularidade e realismo á batalla.

O espectáculo comezará ás 00:00 horas e durará 22 minutos, nos que se lanzarán uns 600 quilos de pólvora e se utilizarán ata 14 cores diferentes. A tirada rematará cunha traca de “voladores”, que son característicos do final do ‘show’.

As persoas que se acheguen á praia para ver o espectáculo de luces deberán acceder e abandonar o areal polas zonas marcadas.

Hai cinco: o paseo marítimo bordeando o Ramal dende a TIR; polo parque da Concha dende avenida Rosalía de Castro; na zona central do areal por unha das travesías dende a avenida; polo parque da Compostela; e xa na zona máis próxima ao Carril, por outra das travesías que conectan o paseo marítimo con Rosalía de Castro.

CORTES DE TRÁFICO

Como é habitual, e co fin de garantir a seguridade aos asistentes, realizaranse algúns cortes de tráfico escalonados.

Ás 15:00 horas haberá que retirar todos os vehículos estacionados na avenida da Mariña e Elpidio Villaverde, onde tampouco se permitirá a circulación dende esa hora, debido á celebración da verbena do Grupo América de Vigo, e á necesidade de montar o escenario no cruzamento entre ambas rúas. Esta medida manterase vixente ata a primeira hora do domingo 24 (07:00h), cando se retire o palco e se reabra a circulación.

Ás 23:20 horas cortarase a circulación dende a rotonda do Cavadelo por avenida Rivero de Aguilar. Os vehículos poderán chegar ata a glorieta pero só para dar a volta por avenida Valle Inclán ou cara a praza de Doutor Carús.

Tamén se cortará o acceso dende avenida Rosalía de Castro, en concreto dende o entronque con rúa Concha. Os condutores poderán chegar ata aí e dar a volta por rúa Mulatas en dirección O Carril. O mesmo sucede coa avenida Juan Carlos I, cuxos usuarios só poderán chegar á rotonda do Ramal e subir cara a estación de tren, ou dar a volta e volver por onde viñeron. A circulación reabrirase a partir das 00:30 horas e unha vez remate a evacuación dos espectadores.

Pola tarde tamén se colocará sinalización na rotonda de Luz Salgada, na de Bamio, e a altura da gasolineira en San Roque, aconsellando a utilización da circunvalación para evitar que circulen polo centro da cidade. En calquera caso, haberá axentes da Policía Local despregados na zonas cortadas para axudar e informar a peóns e condutores.

FESTAS DE SAN ROQUE 2025

Vilagarcía celebrará as súas festas patronais con máis de medio cento de actividades entre os días 14 e 24 de agosto.

Ao longo destes días, veciños e visitantes poderán gozar de atraccións e postos de alimentación na zona TIR e no parque Miguel Hernández.

A programación das Festas de San Roque 2025 é a seguinte:

XOVES, 14 DE AGOSTO

  • 20:30 h. Pregón de Gustavo Andújar. Balcón da Casa Consistorial
  • 21:00 h. Ofrenda floral ao santo. Praza de España
  • 22:00 h. Concerto tributo de +dManá. Avenida da Mariña

VENRES, 15 DE AGOSTO

  • 11:00 – 12:30 h. Festividade de San Roquiño. Contorno da capela de San Roque
  • 11:00 h. Pasarrúas San Roquiño co Grupo de Gaitas Nós de Sobradelo. Barrio de San Roque
  • 11:30 h. Misa de San Roquiño. Barrio de San Roque
  • 12:30 h. Procesión de San Roquiño. Barrio de San Roque
  • 12:30 h. Pasarrúas Grupo de Gaitas Treboada de Guillán. Rúas da cidade
  • 12:30 h. Pasarrúas Grupo de Gaitas e Baile Mar de Arousa. Rúas da cidade
  • 21:30 h. Concerto de Intro Cover. Praza de Galicia
  • 23:00 h. Actuación de Festicultores Troupe. Xira 20 Aniversario. Rúas da cidade

SÁBADO, 16 DE AGOSTO: FESTA DA AUGA 2025

  • 11:45 h. Traslado de San Roque dende a igrexa parroquial á capela. Praza de España
  • 12:00 h. Festa da Auga. Zona húmida
  • 20:30 h. Procesión de San Roque, dende a capela ata a igrexa parroquial. Rúas da cidade
  • 21:30 h. Concerto de Arosa Bay. Salón García

DOMINGO, 17 DE AGOSTO

  • 12:00 h. Señor Parajullo e a Banda Barullo. Rúa Castelao
  • 20:00 h. Concerto de Cristian Silva. Entradas á venda en Ataquilla. Auditorio municipal
  • 21:00 h. Pasarrúas Grupo de Gaitas Santa Plácida de Rubiáns. Rúas da cidade
  • 22:00 h. Verbena popular coa Orquestra Saudade. Avenida da Mariña

LUNS, 18 DE AGOSTO

  • 12:30 h. Pasarrúas Grupo de Gaitas Malveiras. Rúas da cidade
  • 19:30 h. Animación nas rúas con Animaclown: Minotauro. Rúas da cidade
  • 21:00 h. Pasarrúas Grupo de Gaitas Froallo. Rúas da cidade
  • 21:00 h. Festaclown Social: Cultura contra a barbarie a prol de Palestina. Praza II República
  • 22:00 h. Concerto Gala Lírica con Ainhoa Arteta. Parque da Xunqueira

MARTES, 19 DE AGOSTO

  • 11:00 h. Animaclown: Animart. Rúas de Vilagarcía
  • 12:30 h. Superroquiños: Charlatán Rodríguez. Praza de Rabella
  • 19:30 h. Certame Festaclown: Circo Cambuche. Praza de Galicia
  • 21.00 h. Pasarrúas Grupo de Gaitas Mocedade da Torre 83. Rúas da cidade
  • 21.00 h. Mostra Festaclown: Dance Join. Praza da II República
  • 22:30 h. Concerto de Los Toreros Muertos. Parque da Xunqueira

MÉRCORES, 20 DE AGOSTO

  • 11:00 h. Festaclown Social: Desnortadas. Parque Miguel Hérnandez
  • 12:30 h. Pasarrúas Grupo de gaitas Brisas do Río Ulla. Rúas da cidade
  • 12:30 h. Superroquiños: Enredos. Praza de Rabella
  • 19:30 h. Certame Festaclown: O rompe récords. Praza de Galicia
  • 21:00 h. Pasarrúas Grupo de Gaitas Os Xirifeiros. Rúas da cidade
  • 21:00 h. Mostra Festaclown: Ridi Pagliaccio. Praza da II República
  • 22:30 h. Concerto de David Bustamante. Parque da Xunqueira

XOVES, 21 DE AGOSTO

  • 11:00 h. Festaclown Social: Rosa e azul. Parque Miguel Hérnandez
  • 12:30 h. Superroquiños: Chafallas, a vendedora de fume. Praza de Rabella
  • 19:30 h. Certame Festaclown: Do tingo ao tango. Praza de Galicia
  • 21:00 h. Pasarrúas Grupo de Gaitas Airiños do Carril. Rúas da cidade
  • 21:00 h. Mostra Festaclown: Collage. Praza da II República
  • 22:30 h. Concerto de Marlena. Parque da Xunqueira

VENRES, 22 DE AGOSTO

  • 11:00 h. Festaclown Social: Clownssics. Praza de Galicia:
  • 12:30 h. Superroquiños: Historias para escagarriñarse. Praza de Rabella
  • 19:30 h. Certame Festaclown: Garrapete Clown. Praza de Galicia
  • 21:00 h. Pasarrúas Grupo de Gaitas Lumarada de Cornazo. Rúas da cidade
  • 21:00 h. Mostra Festaclown: Tranvía nº12. Praza da II República
  • 22:30 h. Concerto de Mondra. Parque da Xunqueira
  • 24:00 h. Sesión musical de Señora DJ. Alameda

SÁBADO, 23 DE AGOSTO

  • 11:00 h. Festaclown Social: Contos arredor da Terra. Parque Miguel Hérnandez
  • 12:30 h. Pasarrúas Grupo de Gaitas e Baile A Nosa Señora da Xunqueira. Rúas da cidade
  • 12:30 h. Superroquiños: Rogelio III (La Fête). Praza de Rabella
  • 19:30 h. Certame Festaclown: Shhhh!. Praza de Galicia
  • 21:00 h. Pasarrúas Grupo de Gaitas A Queimada. Rúas da cidade
  • 21:00 h. Mostra Festaclown: Galerock & Magic. Praza da II República
  • 22:30 h. Verbena popular co Grupo América de Vigo. Avenida da Mariña
  • 24:00 h. Combate Naval. Espectáculo pirotécnico. Praias da Concha – Compostela

DOMINGO, 24 DE AGOSTO

  • 12:30 h. “A cantar coas Bulideiras”. Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa. Alameda
  • 12:30 h. Pasarrúas Grupo de Gaitas Nós de Sobradelo. Rúas da cidade
  • 21:30 h. Desfile de Carrozas. Rúas da cidade

Hora

(Sábado) 23:59

Localización

Praia da Concha

Está pasando!