'Comerá o bebé?', con Cris de Caldas e Xabi do Camiño en Pontevedra

mér06nov17:30'Comerá o bebé?', con Cris de Caldas e Xabi do Camiño en PontevedraApego no Outono 202417:30 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Cris de Caldas e Xabi do Camiño presentan ‘Comerá o bebé?’, unha sesión de contos, poemas, xogos de mans e música da nosa tradición oral atravesados polo fío condutor da comida. Comerá ou non comerá o bebé?

Esta actividade, orientada a familias con crianzas de 0 a 3 anos, celebrarase o mércores 6 de novembro, en dúas sesións, de 17.30 a 18.05 horas e de 18:30 a 19:05 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O acceso é de balde, mais require inscrición previa en apuntate.pontevedra.gal.

As prazas son limitadas. Para sumarse ao programa Apego cómpre solicitar cita a través do formulario do web apego.gal ou no teléfono 986 863 157 do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.


Está pasando!