Concerto ‘Cantos da natureza’ da BMP en Pontevedra

sáb24xan20:00Concerto ‘Cantos da natureza’ da BMP en PontevedraCiclo de Butaca ‘Vento en popa a toda vela’20:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Banda de Música de Pontevedra ofrecerá un concerto cada mes ata maio, dentro da segunda parte do seu Ciclo de Butaca que, na tempada 25-26 leva por título ‘Vento en popa a toda vela’.

Os tres primeiros (xaneiro, febreiro e marzo) celenraranse os sábados ás 20:00 horas e os dous seguintes (abril e maio) os domingos ás 12:00 horas.

Todos eles con entrada de balde ata completar a cabida do Teatro Principal.

O primeiro dos concertos será o sábado 24 de febreiro, con Víctor M. Vilariño como director convidado , un dos grandes talentos dentro da dirección de banda aquí en Galicia, que chega co concerto ‘Cantos da natureza’ onde todos os temas que se van interpretar están relacionados cun fenómeno natural.

En febreiro o día 28 teremos ‘Raigame’ onde imos interpretar pezas relacionadas coas raíces musicais galegas.

O 21 de marzo celebrarase o concerto ‘Dende a sétima arte’, con pezas de bandas sonoras moi recoñecibles, interesantes para todos os públicos.

O 26 de abril faremos o concertó ‘Peregrinaxe das danzas’ que contará coa colaboración dun alumno/a do CMUS Manuel Quiroga como solista nunha peza, escollido a través dun concurso organizado polo Conservatorio.

Para pechar, o 31 de maio daremos ‘Un paseo por Broadway’ coa colaboración da soprano Marina Penas e o barítono Pedro Martínez”.

Sábado 24 de xaneiro – 20:00h.

  • ‘Cantos da natureza’, con Víctor M. Vilariño, director convidado

Sábado 28 de febreiro – 20:00h.

  • ‘Raigame’. Músicas con identidade

Sábado 21 de marzo – 20.00h.

  • ‘Dende a sétima arte’

Domingo 26 de abril – 12:00h.

  • ‘Peregrinaxe das danzas’, coa colaboración do Conservatorio Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra

Domingo 31 de maio – 12:00h.

  • ‘De paseo por Broadway’, con Marina Penas (soprano) e Pedro Martínez (barítono).

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!