Concerto da Orquesta Clásica de Vigo

sáb16mai20:30Concerto da Orquesta Clásica de VigoW. A. Mozart: a súa Misa20:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

A tempada da Orquesta Clásica de Vigo remata cunha das das obras máis significativas do repertorio do W. A. Mozart: a súa Misa de Réquiem.

Unha obra encargada de maneira anónima por un mensaxeiro dun noble austríaco, o conde Franz von Walsegg, que pretendía facer pasar a música por súa como homenaxe á súa esposa falecida.

Esta circunstancia, unida á condición enferma e pauperizada do compositor alimentou lendas e especulacións sobre a súa percepción da morte e sobre se el mesmo cría estar a escribir o seu propio réquiem.

O Réquiem combina a grandiosidade do estilo barroco coa intensidade emocional do clasicismo vienés para deixar unha pegada fundamental no repertorio occidental.

Este concerto será realizado en colaboración co Ensemble Vocal Pro Música, unha agrupación radicada no Porto coa que a Orquesta Clásica de Vigo está a tecer un intercambio musical transfronteirizo e que neste ano celebra o seu 35 aniversario.

Programa:

Misa de Réquiem en re menor, K. 626, de W. A. Mozart

Orquesta Clásica de Vigo
Ensemble Vocal Pro Musica

Director do coro: Jose Manuel Pinheiro
Dirección: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Entradas anticipadas á venda dende 6 euros en Ataquilla.com

Ensemble Vocal Prol Música

O Ensemble Vocal Prol Música é un coro fundado na cidade do Porto en 1991 polo mestre José Manuel Pinheiro e algúns dos seus alumnos e alumnas, contando actualmente con preto de 100 membros activos. Ao longo dos anos participou en concursos e festivais internacionais, presentando en concerto un repertorio que abarca desde a música popular ata a contemporánea, pasando polo jazz e o coral sinfónico.

Obtivo varios premios en concursos internacionais, destacando o Primeiro Premio – Diploma de Ouro na categoría de Música Sacra, así como o Gran Premio do Concurso de Venecia en setembro de 2007 e, máis recentemente, unha Medalla de Ouro na categoría de Música Sacra e o Premio á Mellor Interpretación no Concurso Praga Cantat 2018.

Preséntase ao público a cappella, acompañado ao piano por Filipe Cerqueira e Miguel Hespanhol, en colaboración con outros grupos vocais, así como en conxunto con diversas orquestras nacionais e internacionais.

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!