Orquesta Clásica de Vigo | Sociedad Filarmónica de Pontevedra

Concerto da Orquesta Clásica de Vigo en Pontevedra

xov23out20:30Concerto da Orquesta Clásica de Vigo en PontevedraSociedad Filarmónica de Pontevedra20:30 Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

A Orquesta Clásica de Vigo, baixo a dirección de Manuel Martínez Álvarez-Nava, e o pianista Severino Manuel Ortiz como solista, serán os protagonistas deste concerto organizado pola Sociedad Filarmónica de Pontevedra.

A tempada da Orquesta Clásica de Vigo comeza en do menor con dúas obras cume do repertorio orquestral de Ludwig van Beethoven, nun concerto marcado pola expresividade dun autor que recollía as teses expresivas e marcaba o camiño para seguir.

Será o xoves 23 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

BEETHOVEN
Concerto para piano n.º 3 en do menor, Op. 37
I. Allegro con brio
II. Largo
III. Rondo. Allegro

BEETHOVEN
Sinfonía n.º 5 en do menor, Op. 67
I. Allegro con brio
II. Andante con moto
III. Scherzo. Allegro
IV. Allegro

Para este concerto os socios accederán ao Auditorio co carné da tempada. Non fai falta retirar entrada.

A nova tempada da Sociedad Filarmónica de Pontevedra inclúe máis dunha ducia de concertos que se celebrarán no Teatro Principal, Auditorio Sede Afundación e Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra entre outubro de 2025 e xuño de 2026.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na web filarmonica.org

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!