José Luis Gómez | Director da Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia

Concerto da Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia

lun21abr20:30Concerto da Orquesta Joven de la Sinfónica de GaliciaSociedad Filarmónica de Pontevedra20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro da tempada 2024-2025 organizada pola Sociedade Filarmónica de Pontevedra, o luns 21 de abril no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, a Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia, dirixida por José Luis Gómez e con Pacho Flores como trompeta solista, ofrecerá un concerto no que interpretará obras de Sarasate, Lindberg Flores e Shostakovich.

SARASATE:
Zapateado

LINDBERG:
Akbank Bunka

FLORES:
Labios Vermelhos

SHOSTAKOVICH:
Sinfonía nº 5 en Re menor, op. 47

Pacho Flores | Trompetista

Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia

Desde a súa fundación en 1994 a Orquesta Joven da Sinfónica de Galicia permitiu por centos de novos instrumentistas completar a súa formación musical participando en espectáculos operísticos e concertos sinfónicos, baixo o maxisterio de mestres como Alberto Zedda, Víctor Pablo Pérez, James Judd, Pietro Rizzo, Michael Gilbert, James Ross ou Joan Company, entre outros.

A Orquesta Joven participou como orquestra de foso no Festival Mozart da Coruña, no que baixo a dirección de Alberto Zedda interpretou a ópera barroca ‘Os amores de Apolo e Dafne’, interpretación que publicou a discográfica Naxos; e compartiu escenario coa Orquestra Sinfónica de Galicia na Sinfonía nº 8 de Gustav Mahler e ofreceu concertos en Madrid, San Sebastián, Murcia, Valencia, León, Segovia, Xerez, Xavea e Concentaina.

Convertida xa nun dos proxectos educativos máis orixinais do panorama musical español, a Orquesta Joven supón unha das poucas posibilidades reais de achegar aos futuros profesionais á práctica do seu instrumento no seo dunha orquestra sinfónica.



Entradas anticipadas á venda (non socios) dende 16,60 euros en Ataquilla.com

Recollida de entradas socios: Días 15 e 16 de abril no local da Sociedad Filarmónica (Rúa Tetuán, baixo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 horas, ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 horas.

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!