Concerto da Orquestra Vigo 430

sáb31xan20:00Concerto da Orquestra Vigo 430'Momentos rituais'20:00 MARCO - Vigo

Detalles do Evento

O programa ‘Momentos rituais’, organizado pola Orquestra Vigo 430, ofrece un diálogo entre dous instrumentos de natureza ben distinta: O saxofón, instrumento de vento relacionado especialmente co jazz e a música contemporánea, e a viola, instrumento de corda máis asociada á música sinfónica e/ou camerística.

O repertorio proposto expón as posibilidades expresivas destes dous instrumentos a solo e en dúo, no que escoitaremos estéticas, ás veces próximas e outras ben distantes.

Esta coincidencia, non fortuíta, integra un discurso cosmopolita e visionario do mundo no que vivimos, unhas veces estático e outras dinámico, mais en constante transformación.

Trátase pois de evolución ou revolución, isto é: un cambio gradual e lento ou pola contra, rápido e brusco.

Intérpretes: Rafa Yebra (saxofón) & Wanshu Qiu (viola).

Entradas anticipadas á venda dende 6 euros en Ataquilla.com

Programa:

Rebecca Clarke (Reino Unido, 1886 – 1979)

Prelude, Allegro and Pastorale (1941/2014) saxofón alto e viola

Dai Fujikura (Xapón, 1977)

Twin Tweets (2019/2026) saxofón alto e viola
(Estrea nova versión)

Laura Vega (Gran Canaria, 1978)

Paraísos perdidos IV (2018/2026) saxofón tenor e viola
(Estrea nova versión)

Tigran Mansurjan (Líbano, 1939)

Lachrymae (1999) saxofón soprano e viola

Alicia Díaz de la Fuente (Madrid, 1965)

Color de invierno (2019) saxofón soprano

Suting Han (China, 1995)

Grain Bud (2018) viola
(Estrea en España)

Xesús Xosé Iglesias González (Ponteareas, 1982).

Síntesis (2019) saxofón alto

Roger Zare (EEUU, 1985)

Kugelblitz (2013) saxofón alto e viola
(Estrea en España)

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

MARCO

Rúa Príncipe, 54 36202 Vigo

Está pasando!