Amarilis Dueñas

Concerto da Orquestra Vigo 430 en Vigo

ven29mai20:00Concerto da Orquestra Vigo 430 en Vigo'Metamorfoses barrocas'20:00 Basílica de Santa María de Vigo (Colexiata) - Vigo

Detalles do Evento

A tempada da Orquestra Vigo 430 pecharase o 29 de maio na Basílica de Santa María de Vigo (Colexiata) con ‘Metamorfoses barrocas’, un concerto interpretado con instrumentos históricos pola Orquestra Barroca Vigo 430, xunto a Rachell Ellen Wong (violín e dirección) e Amarilis Dueñas (violonchelo).

O programa ‘Metamorfoses barrocas’ nace do diálogo entre mundos que, malia seren distintos, comparten unha mesma pulsación creativa: a capacidade do barroco para transformarse, reinventarse e sorprender.

Desde o refinamento inglés de Matthew Locke e Henry Purcell ata o virtuosismo luminoso de Antonio Vivaldi, a primeira parte do concerto achéganos a un universo de fantasía escénica, onde as danzas, as atmosferas teatrais e a célebre Follia — reinterpretada hoxe polo compositor contemporáneo Paul Wiancko— revelan a forza perdurable dun mesmo espírito: o da imaxinación sen límites.

Na segunda parte, a música de Carl Philipp Emanuel Bach ábrenos as portas dunha verdadeira metamorfose estilística. Os seus concertos e sinfonías, de xestos audaces e contrastes arrebatados, anuncian o declive do barroco e o nacemento dunha nova sensibilidade, máis libre, máis intensa, máis emocional. Ao seu carón, os concertos de Vivaldi brillan como xeracións anteriores que, lonxe de esvaecerse, continúan dialogando co futuro.

Este concerto é, así, unha viaxe entre épocas que se escoitan mutuamente: un percorrido pola transformación continua da música europea, guiado pola enerxía vital e o virtuosismo de Rachell Ellen Wong e Amarilis Dueñas, xunto ca sonoridade característica dos instrumentos históricos.

Entrada libre ata completar aforo.

Programa:

Locke: Timon de Athens, Curtain Tune

Purcell: pezas de ‘The Virtuous Wife’, ‘The Gordian Knot Untied’, ‘The Indian
Queen’ e ‘The Fairy Queen’

Wiancko: ‘La Follia’

Concertos para violín de Vivaldi (RV 273 y 278) e para cello de C. Ph. E. Bach (Wq 170
en la menor)

Sinfonía H. 661, Wq 182/5 de C. Ph. E. Bach

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Basílica de Santa María de Vigo (Colexiata)

Praza Igrexa, 10 - 36202 Vigo

Está pasando!