Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia | Sociedad Filarmónica de Pontevedra

Concerto da Orquestra Xoven da Sínfónica de Galicia en Pontevedra

xov08xan20:30Concerto da Orquestra Xoven da Sínfónica de Galicia en PontevedraSociedad Filarmónica de Pontevedra20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

O xoves 8 de xaneiro, o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra acollerá un recital da Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia no que interpretarán obras de Verdi e Tchaikovski.

Concerto enmarcado na Tempada 2025-2026 da Sociedad Filarmónica de Pontevedra.

VERDI
Obertura A forza do destino

TCHAIKOVSKI
Sinfonía nº 4 en Fa menor, op. 36

Desde a súa fundación en 1994 a Orquestra Xoven da Sinfónica Galicia permitiu por centos de mozas e mozos instrumentistas completar a súa formación musical participando en espectáculos operísticos e concertos sinfónicos, baixo o maxisterio de mestres como Alberto Zedda, Dima Slobodeniouk, James Judd, Pietro Rizzo, Michael Gilbert, Víctor Pablo Pérez, James Ross, Diego García Rodríguez, José Trigueros ou Joan Company entre outros.

Convertida xa nun dos proxectos educativos máis orixinais do panorama musical español, a Xoven Orquestra supón unha das poucas posibilidades reais de achegar aos futuros profesionais á práctica do seu instrumento no seo dunha orquestra sinfónica. Os mozos reciben unha completa formación musical por medio do traballo á beira dos profesores instrumentistas da OSG, das innumerables clases maxistrais de grandes profesores e intérpretes.

Recollida de entradas socios: Días 5 e 6 de xaneiro no local da Sociedade Filharmónica (Rúa Tetuán, baixo – Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

A nova tempada da Sociedad Filarmónica de Pontevedra inclúe máis dunha ducia de concertos que se celebrarán no Teatro Principal, Auditorio Sede Afundación e no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra entre outubro de 2025 e xuño de 2026.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na web filarmonica.org

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!