Javier Fajardo

Concerto da Orquestra Vigo 430 en Vigo

ven20mar20:00Concerto da Orquestra Vigo 430 en Vigo'Camiños da Alma'20:00 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

A tempada da Orquestra Vigo 430 continúa o 20 de marzo no Teatro Afundación de Vigo con ‘Camiños da alma’, un programa sinfónico protagonizado pola violinista Catherina Lee, o director Javier Fajardo e a Orquestra Sinfónica Vigo 430, no que se interpretarán o Concerto para violín de Max Bruch e a Sinfonía nº 4 de Johannes Brahms, dúas obras unidas por unha mesma linguaxe de emoción contida e beleza profunda.

O primeiro fala desde o lirismo apaixonado do violín; o segundo, desde a plenitude e o destino da sinfonía.

Xuntos traman un discurso que é á vez humano e trascendente: unha viaxe polos camiños da alma, onde o sentimento atopa forma e a música convértese en verdade.

Programa:

Max BRUCH
Concerto para violín

Johannes BRAHMS
Sinfonía nº 4

Entradas anticipadas á venda dende 11 euros en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!