Jessica Cottis | © Gerard Collett

Concerto da Real Filharmonía de Galicia en Pontevedra

ven25abr20:30Concerto da Real Filharmonía de Galicia en PontevedraSOCIEDADE FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro da tempada 2024-2025 organizada pola Sociedade Filarmónica de Pontevedra, o venres 26 de abril no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, Real Filharmonía de Galicia dirixida por Jessica Cottis, ofrecerá un concerto no que interpretará obras de Raquel García-Tomás, Brett Dean e Beethoven.

Coa participación do alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia (EAEM).

RAQUEL GARCÍA-TOMÁS:
Blind Contours nº 2

BRETT DEAN:
Testament

BEETHOVEN:
Sinfonía nº 7 en La mayor, op. 92

A artista en residencia Raquel García-Tomás concibe a súa música como un fluído comunicativo coa videocreación e as artes visuais. En Blind Contours núm. 2 traslada á partitura este concepto da ilustración, que permite debuxar o perfil dun obxecto sen mirar o papel; así, a liberdade dos intérpretes marca o carácter definitivo desta peza.

Un certo aroma de despedida teñen as seguintes obras no programa: Testament, do australiano Bret Dean, rende homenaxe a Beethoven cos seus sons iniciais de desesperación nas cordas e con citas do seu primeiro cuarteto.

O legado que o músico de Bonn fixo á humanidade inclúe a Sinfonía núm. 7, obra excepcional eclipsada pola Pastoral. Dominada por un ritmo frenético, Schumann viu na Sétima a alegría dun día de voda mentres que o crítico d’Ortigue recibiuna como unha procesión á ultratumba. Beethoven non deixa lugar a medias tintas.


Real Filharmonía de Galicia | RFG

Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela.

Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Baldur Brönnimann é, desde xaneiro de 2023, o seu director titular e artístico; Maximino Zumalave o seu director asociado, Joana Carneiro a principal directora invitada, e Sebastian Zinca é o Director Asistente durante o ano 2024, no que traballa en estreita colaboración co Director Titular Baldur Brönnimann. Coa orquestra colaboran os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas de todo o mundo.

A RFG está comprometida en achegar a música clásica a todo o territorio galego, aos públicos máis novos e destaca, ademais, o seu compromiso co patrimonio musical galego.

Xestionada polo Consorcio de Santiago, a RFG está financiada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. Ten realizado xiras e concertos en escenarios de Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal, país co que mantén unha estreita colaboración.

A RFG amosa un especial interese pola obra de autores noveis, en particular de compositores galegos. A súa discografía consta de máis de doce cedés, dedicados a Maurice Ravel, Manuel de Falla, Frederic Mompou, Antón García Abril, Franz Schubert ou José Arriola.


Jessica Cottis | © Kaupo Kikkas

Jessica Cottis (Directora)

Durante o inicio da súa carreira profesional, Jessica Cottis foi asistente de dirección de Vladimir Ashkenazy na Orquestra Sinfónica de Sidney. Dende entón, as súas actuacións teñen recibido eloxios constantes na prensa internacional. Recentemente foi nomeada por The Times como “Classical face to watch”.

O seu estilo dinámico, o seu elevado intelecto musical e o seu liderado inspirador téñena levado como directora convidada de orquestras como a Sinfónica de Londres, Filharmónica de Los Ángeles, Sinfónica de Houston, Filharmónica de Londres, Real Orquestra Filharmónica, Sinfónica da BBC, BBC Concert Orchestra, Orquestra da BBC de Gales, London Sinfonietta, Sinfónica de Gävle, Sinfónica de Malmö, Real Filharmónica de Liverpool, Sinfónica de Singapur, Orquestra de Cámara Inglesa e Sinfónica de Oulu, entre outras, así como numerosas invitacións aos prestixiosos BBC Proms.

Tralo éxito do seu debut no Royal Opera House en 2017, dirixindo a estrea de Mamzer de Na’ama Zisser, foi inmediatamente convidada de novo para realizar a estrea mundial de The Monstrous Child de Gavin Higgins, que, segundo resaltou o Financial Times, foi “sorprendentemente traído á vida pola Orquestra Aurora dirixida por Jessica Cottis”. Jessica Cottis traballa amplamente como defensora da música clásica.



Entradas anticipadas á venda (non socios) dende 14,60 euros en Ataquilla.com

Recollida de entradas socios: Días 23 e 24 de abril no local da Sociedad Filarmónica (Rúa Tetuán, baixo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 horas, ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 horas.

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!