Raquel Areal, violín | Afundación

Concerto da Real Filharmonía de Galicia en Vigo

ven30xan20:00Concerto da Real Filharmonía de Galicia en Vigotempada de abonos de clásica20:00 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

A Tempada de Abonos de Clásica de Afundación comeza o 30 de xaneiro de 2026 cun concerto inaugural moi especial, no que a Real Filharmonía de Galicia interpretará a estrea mundial da obra Muffled cry do compositor Voro García.

Esta peza breve, ou “cometa”, encargada pola RFG para celebrar o seu trixésimo aniversario, será a protagonista do evento.

Voro García dá paso ao regreso de Serguéi Prokófiev aos atrís da Real Filharmonía co Concerto para violín núm. 2.

Composto en 1935, sepárano case trinta anos do primeiro, co que comparte mestría e pouco máis. Preparado para regresar á URSS tras un longo período de éxitos fóra, este concerto foi o último encargo que Prokófiev recibiría do mundo occidental. A súa estrea, en Madrid, incluíu castañolas.

Igualmente convulsa foi a vida do compositor finés Jean Sibelius, quen loitou durante a súa longa existencia contra a bancarrota e a enfermidade.

A Sinfonía núm. 2, escrita en 1902 despois dunha breve estancia en Italia, non anticipa, porén, ese triste itinerario vital. A profusión de motivos melódicos marca os seus catro movementos, estruturados segundo un esquema formal conservador que xa abandonaran Mahler ou Stravinski.

Baldur Brönnimann, director
Raquel Areal
, violín
James Dahlgren, concertino

Coa participación do alumnado da EAEM

«Ao lonxe»

I
VORO GARCÍA (1970)
Muffled cry
SERGE PROKOFIEV (1891-1953)
Concerto para violín núm. 2 en sol menor, op. 63
I. Allegro moderato
II. Andante assai
III. Allegro; ben marcato

II
JEAN SIBELIU (1865-1957)
Sinfonía núm. 2 en re maior, op. 43
I. Allegretto
II. Andante; ma rubato
III. Vivacissimo
IV. Finale: Allegro moderato

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!