Concerto de Antilia en Pontevedra

lun05ago23:30Concerto de Antilia en Pontevedra30º FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES DE PONTEVEDRA23:30 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

Antilia, o proxecto nado en Pontevedra en 2014 da man de Jose Churruca e María Costas, subirase ao escenario da Ferraría o luns 5 de agosto (despois de Iago Banet), para ofrecer un concerto na xornada inaugural do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.

“Antilia. Binomio de música viva. Resultado da suma dos acordes elegantes, máxicos e complexos da guitarra de José Churruca coa expresión do canto exquisito, intelixente e sutil de María Costas. Tres palabras que definen o seu fabuloso directo: Swing, Arte e Oficio.”

(Maria Armesto, dramaturga, directora de teatro e profesora de canto.)

Antilia nace en Pontevedra en 2014 da man de Jose Churruca e María Costas. A música de Antilia ten un sabor atlántico, aberto, nostálxico, pero tamén diáfano e vital.

Antilia son:

  • María Costas: voz
  • José Churruca: guitarras
  • Jacobo González: teclados
  • Carlos Braga: baixo eléctrico
  • Miguel González: batería

Así definen a ANTILIA os que escoitaron o grupo:

“Ten a música de Antilia un enorme poder de evocación que me leva como unha barca á deriva dunha emoción a outra. Éme tan familiar e tan descoñecida ó mesmo tempo, que me conmove e me pon alerta, atenta a unha nota inesperada, a unha cadencia da voz. Nunca sei onde me van levar porque a viaxe é distinta en cada canción.”

Anxos Sumai. Escritora

“Na vida, existen e xermolan as contrastes; pero, «contraste», non implica «oposto», talvez, «diferente»… As culturas, sempre nos achegan as súas diferenzas e con elas, arriban ao noso peirao as súas cores e os seus arrecendos; pode que ata de paraxes por descobrir, pode que de paisaxes oníricas por explorarmos… Que tal se nos mergullamos nos seus mares collid@s pola man das nosas diferenzas tan igoais e encetamos esta viaxe coa música de Antilia?.”

Ferxo Mourenza. Escritor e musicólogo.



FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES DE PONTEVEDRA

Trinta anos cumpre este 2024 o Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. Tres décadas onde a Boa Vila foi testemuña do paso dalgúns dos artistas máis importantes destes dous xéneros, con exemplos lendarios coma Johnny Winter, John Scofield, Robert Cry, Esperanza Spalding, Taj Mahal, Derek Trucks, Cory Henry ou Gregory Porter.

Praza da Ferraría continuará este verán sendo epicentro desta onda sonora, a través de seis novas actuacións con Iago Banet (5 de agosto), Antilia (5 de agosto), Sempasúchil (6 de agosto), Rick Estrin & The Nightcats (7 de agosto), Jeff Cascaro (8 de agosto) e Richard Bona & Alfredo Rodríguez Trío (9 de agosto).

Coma sempre, a entrada será libre e de balde.

Hora

(Luns) 23:30

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!