Camerata Arven

Concerto de Camerata Arven en Pontevedra

mér20mai20:30Concerto de Camerata Arven en PontevedraSociedad Filarmónica de Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Enmarcado na Tempada 2025/26 da Sociedad Filarmónica de Pontevedra, o mércores 20 de maio, ás 20:30 horas, Camerata Arven ofrecerá un concerto no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra no que interpretarán obras de Mozart.

Director e solista: Francisco Javier Morgade Dobaño (clarinete).

Creada en 2015, Camerata Arven reúne a músicos profesionais con experiencia no ámbito da interpretación e da docencia.

A formación, composta de 11 músicos e profesores afincados en Pontevedra e arredores, é dinámica no seu repertorio e formato, xa que inclúe dende solistas con acompañamento de piano ata as grandes estructuras camerísticas.

O seu principal obxectivo é o fomento do interese pola extensa literatura da música de cámara mediante unha programación accesible, variada e orixinal, e a colaboración con artistas locais doutras disciplinas: danza, artes plásticas, teatro, etc.

MOZART
Concerto para clarinete e orquestra en La maior, K 622

MOZART
Sinfonía nº 29 en La maior, K 201

Recollida de entradas socios: Días 18 e 19 de maio no local da Sociedade Filharmónica (Rúa Tetuán, baixo – Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

A nova tempada da Sociedad Filarmónica de Pontevedra inclúe máis dunha ducia de concertos que se celebrarán no Teatro Principal, Auditorio Sede Afundación e no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra entre outubro de 2025 e xuño de 2026.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na web filarmonica.org

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Hora

(Mércores) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!