David Khrikuli

Concerto de David Khrikuli en Pontevedra

lun12xan20:30Concerto de David Khrikuli en PontevedraSociedad Filarmónica de Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Enmarcado na Tempada 2025-2026 da Sociedad Filarmónica de Pontevedra, o pianista georgiano David Khrikuli ofrecerá un recital no Teatro Pincipal de Pontevedra no que interpretrará obras de Chopin, Scriabin e Ravel.

David Khrikuli é Primeiro Premio do VIII Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo 2024.

CHOPIN
Catro Scherzos para piano

SCRIABIB
Dous Preludios, op. 11 (nº 10 en Do sostenido menor e nº 14 en Mi bemol maior)
Sonata para piano nº 6 en Sol maior, op. 62

RAVEL
Gaspard de la Nuit

A nova tempada da Sociedad Filarmónica de Pontevedra inclúe máis dunha ducia de concertos que se celebrarán no Teatro Principal, Auditorio Sede Afundación e no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra entre outubro de 2025 e xuño de 2026.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na web filarmonica.org

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!