Concerto de DEI V, Brytiago e Yan Block en Cambados

ven01ago22:00Concerto de DEI V, Brytiago e Yan Block en CambadosLXXII Festa do Viño Albariño 202522:00 Praza de Fefiñáns - Cambados

Detalles do Evento

Festa do Albariño 2025 reforza este ano a súa proposta musical cun cartel inédito: DEI V, Brytiago e Yan Block actuarán o venres 1 de agosto na Praza de Fefiñáns na súa única data exclusiva en Galicia. 

Unha noite que mestura historia, tradición e son actual, no corazón dunha das festas máis emblemáticas do verán galego.

Desde Porto Rico, DEI V emerxeu como unha das voces máis prometedoras do xénero urbano. A súa participación no tema “VeLDÁ” xunto a Bad Bunny e Omar Courtz, incluído no álbum “DeBÍ TiRAR MáS FOToS”, foi un dos fitos recentes na súa carreira. Ademais, colaborou con artistas como Karol G, Myke Towers, Anuel AA, Ozuna e Ñengo Flow, e lanzou o seu propio disco titulado “Quién es Dei V”.

Con máis de 20 concertos en España, incluíndo un “sold out” no Movistar Arena, e a súa participación en eventos como LOS40 Music Awards Santander Music Awards Santander, DEI V consolida a súa posición como unha figura destacada na escena musical actual.

Pola súa contra, Brytiago, un dos impulsores do reggaetón de nova xeración, encheu estadios en América Latina e colaborado con pesos pesados como Daddy Yankee, Anuel, Ozuna ou Myke Towers.

Temas como “Asesina”, “Netflixxx” ou “Me ama me odia” acumulan centos de millóns de reproducións e definen un estilo que combina o íntimo e o explosivo con mestría.

Completa o cartel Yan Block, artista portorriqueño que irrompeu con forza na escena urbana grazas a temas como “Media Hora”, “3 Doritos” ou “Juguete”. Cun estilo persoal que el mesmo define como Trap-Hall, mestura influencias do trap, o dancehall e o reggaetón máis rueiro.

Colaborou con nomes como Jay Wheeler, Omar Courtz ou Saiko, e destaca pola súa enerxía en directo e unha proposta que conecta co público novo sen necesidade de artificios. A súa traxectoria sitúao como unha das voces máis prometedoras do urbano latino actual.

Entradas á venda dende 49,50 euros en entradas.com

Con este concerto, a Festa do Albariño reforza a súa aposta por abrirse a novos públicos e formatos, e posiciónase como un evento capaz de mesturar tradición e actualidade sen complexos. Unha noite para cantar, bailar e celebrar —porque este 1 de agosto, o Albariño tamén soará a urbano.

Hora

(Venres) 22:00

Localización

Praza de Fefiñáns

Fefiñáns, 36630 Cambados

Está pasando!