Concerto de Gala i Ovidio en Vilagarcía

dom26abr12:30Concerto de Gala i Ovidio en Vilagarcía‘Achégate ao Salón!’12:30 Salón García - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O novo proxecto emprendido pola Tanxugueira Aida Tarrío co produtor Raül Refree pechará o ciclo ‘Achégate ao Salón!’. Será o domingo 26 de abril, ás 12:30 horas, no Salón García.

Aída Tarrío e Raül Refree considéranse almas xemelgas e por iso, para este proxecto musical, adoptaron o nome dos fillos xemelgos de Rosalía de Castro: Gala i Ovidio.

O dúo preséntase con ‘Un final que parece un principio’, un cancioneiro escrito a catro mans que reúne electrónica e lírica pop, experimentación e sutileza, unha instrumentación complexa e salvaxe ao mesmo tempo que acompaña e acariña a unha voz que é única.

‘ACHÉGATE AO SALÓN!’

‘Achégate ao Salón!’ desenvolverase entre febreiro e abril no Salón García, cun concerto por mes. Todos eles a mediodía, ás 12:30 horas, e en domingo.

O ciclo deste ano abrirao a banda madrileña Merino, o 8 de febreiro; seguiralle o dúo feminino Repion, o 29 de marzo; e pecharano o 26 de abril Gala i Ovidio, o novo proxecto emprendido pola Tanxugueira Aida Tarrío co produtor Raül Refree.

Os abonos para asistir as tres actuacións estarán á venda en Ataquilla.com ata o 31 de xaneiro. O prezo do de adultos é de 25 euros, e o de menores de 16 anos e persoas desempregadas, de 15 euros. En todos os casos aplícanse os gastos de xestión.

De non esgotarse os abonos, a partir do 2 de febreiro poranse á venda as entradas individuais para cada un dos concertos, tamén a través de Ataquilla. Os billetes para adultos custarán 12 euros, e os de menores de 16 anos e desempregados, 6 euros, máis a taxa de xestión.

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Salón García

Rúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!