Jone Martínez, soprano

Concerto de Il Fervore & Jone Martínez en Pontevedra

mar28abr20:30Concerto de Il Fervore & Jone Martínez en PontevedraSOCIEDAD FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Con motivo dos 300 anos da morte de Alessandro Scarlatti, o conxunto Il Fervore dedica ao compositor un programa monográfico que traza o panorama musical de principios do século XVIII en Nápoles, onde Scarlatti pasou a maior parte da súa vida, con obras representativas dos principais xéneros musicais que abordou, como a ópera, o concerto e a serenata.

A soprano vasca Jone Martínez interpreta as arias máis destacadas da ópera Tiberio, imperatore d’Oriente e unha selección da serenata Clori, Dorino e Amore, dirixida polo violinista Jesús Martínez á fronte desta nova formación fundada en 2021 e especializada na interpretación historicista da música barroca e preclásica.

Lorena Padrón (violín), Ricardo Gil (viola), Candela Gómez (violonchelo), Ismael Campanero (contrabaixo), Julio Caballero (clave), Ignacio Laguna (tiorba e guitarra barroca), Jone Martínez (soprano) e Jesús Marino (violín e dirección).

ALESSANDRO SCARLATTI:

Fragmentos e arias da ópera De Clori, Dorino e Amore
Fragmentos e arias da ópera De Tiberio, imperatore d’Oriente
Concerto grosso nº 1 en Fa menor
Concerto grosso nº 3 en Fa maior

Il Fervore | Sociedad Filarmónca de Pontevedra

Fundado en 2021, Il Fervore é un grupo historicista especializado na música dos séculos XVII e XVIII, con foco principal na recuperación do patrimonio musical desgraciadamente esquecido nos arquivos de bibliotecas españolas e italianas.

Debutou en 2022 no Festival Internacional de Arte Sacra da Comunidad de Madrid (FIAS), levando a cabo así mesmo o concerto de clausura do festival en 2023 e o de apertura en 2025. Tamén actuou no Festival Clásicos no verán (2021, 2023 e 2024), no Festival Serenaden im Grünen en Düren (2021, Alemaña) e no Festival Internacional de Santander, ofrecendo dous concertos dentro dos Marcos Históricos no verán de 2024.

A pesar da súa recente creación, os seus músicos colaboran xuntos desde hai anos con varios dos grupos máis importantes do panorama actual como Il Pomo d’Oro, Concerto Köln, Lle Concert deas Nations, L’Arpeggiata, Armonia Atenea, a Orquestra Barroca de Tenerife, Gli Incogniti, o Collegium 1704, a Dresdner Festspielorchester, actuando nas salas máis importantes de Europa, América do Norte, Sudamérica e Asia.

Colaborou nos seus programas con solistas de primeiro nivel internacional como Jone Martínez e Ana Vieira Leite (sopranos), e Lucía Caihuela (mezzo-soprano).

Concerto enmarcado na tempada 2025/26 da Sociedad Filarmónica de Pontevedra, organizado en colaboración con Afundación.

Recollida de entradas socios: Días 24 e 27 de abril no local da Sociedade Filharmónica (Rúa Tetuán, baixo – Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

A actual tempada da Sociedad Filarmónica de Pontevedra inclúe máis dunha ducia de concertos que se celebrarán no Teatro Principal, Auditorio Sede Afundación e no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra entre outubro de 2025 e xuño de 2026.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na web filarmonica.org

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!