Concerto de John Pollõn en Pontevedra

mar05ago21:00Concerto de John Pollõn en Pontevedraciclo 'Urbana Monte Porreiro'21:00 Miradoiro de Monte Porreiro - Pontevedra

Detalles do Evento

John Pollõn, Hugo Guezeta, Califato 3/4 e Rebeliom do Inframundo son os artistas que configuran este verán o ciclo musical ‘Urbana Monte Porreiro’ e que actuarán ao vivo no Miradoiro do barrio os días 5 e 6 de agosto.

Trátase dunha proposta de enorme éxito dentro do programa das Festas do Verán, que cada ano logra que centos de persoas suban até o barrio de Monte Porreiro, para gozar da música en directo, máis polo miúdo, da música urbana e de novas vangardas melódicas.

Con entrada aberta e libre para toda a veciñanza e visitantes, o ‘Urbana Monte Porreiro’ celébrase nun espazo que cada ano gaña en protagonismo e intensidade, e que xa é de sobra coñecido polo público local, sendo un espazo referente pola súa calidade urbanística e natural.

Os concertos iniciaranse ás 21.00h os dous días e tamén se realizará unha exhibición de grafiti da man de O’Ras.

Hora

(Martes) 21:00

Localización

Miradoiro de Monte Porreiro

Rúa de Dinamarca, 42, 36156 Pontevedra

Está pasando!