Juan Luis Guerra | SFX Events

Concerto de Juan Luis Guerra en Sanxenxo

sáb19xul21:30Concerto de Juan Luis Guerra en Sanxenxo'Tour España 2025'21:30 Praza do Mar - Sanxenxo

Detalles do Evento

O lendario músico, cantautor e produtor dominicano, incluído entre os máis recoñecidos e premiados do mundo, regresa a Sanxenxo e farao no escenario da Praza do Mar o sábado 19 de xullo.

O ritmo e baile das súas cancións ‘Ojalá que llueva café en el campo’, ‘Bendita tu luz’ ou ‘Bachata en Fukuoka’, asolagarán o recinto.

Sobre o escenario, soarán himnos como La Bilirrubina’, ‘El Niágara en Bicicleta’, ‘Rosalía’, ‘El Farolito’ o ‘Visa Para un Sueño’ nunha noite cargada de ritmo, emoción e unha calidade musical indiscutible.

O último álbum de Juan Luis Guerra é puro sabor dominicano, combinando o merengue e a bachata de sempre cun toque fresco que conecta con todos e que poderemos gozar nun único concerto en Galicia este 2025.

Ademais, o espectáculo contará cunha produción de primeiro nivel, deseñada para ofrecer unha experiencia sonora e visual envolvente, cunha posta en escena de máis de 15 músicos e un escenario que, polas súas características especiais e dimensións, chega desde Barcelona.

Tres buses lanzadeira gratuítos desprazaranse o día do concerto, a partir das 17.30 horas, desde o parque empresarial ata a rotonda da Rúa Progreso (Hotel Terraza) de forma continua para facilitar a mobilidade.

Este verán, Juan Luis Guerra visita Galicia co seu “Tour España 2025” no marco dos Concertos do Xacobeo.

Entradas anticipadas á venda en sfx-events.com

Hora

(Sábado) 21:30

Localización

Praza do Mar

Porto Deportivo Juán Carlos I, Sanxenxo

Está pasando!