Concerto de Manuel Carrasco en Sanxenxo

sáb09ago22:00Concerto de Manuel Carrasco en SanxenxoFestival Costa Feira 202522:00 Polígono de Nantes - Sanxenxo

Detalles do Evento

O ‘Tour Salvaje’ é a xira musical máis importante das máis de dúas décadas de carreira de Manuel Carrasco, e estará protagonizada pola música que vén. Un novo concepto no que o onubense leva meses traballando.

Tras esgotar en menos de hora e media as entradas do inicio de xira en Sevilla o 17 de maio no Estadio La Cartuja e a escasa dispoñibilidade en boa parte das cidades que integran o ‘Tour Salvaje’, o artista ampliou en case media ducia de cidades as datas desta xira, que se presenta como a máis importante da súa carreira.

De feito, o éxito do seu primeiro single, ‘Pueblo Salvaje’, non deixa dúbidas: número 1 en Itunes varios días tras o seu lanzamento, top 5 entre as máis escoitadas en Spotify e top 5 entre os videoclips máis vistos en España… Un novo single verá a luz moi pronto, mentres que este esperado disco verá a luz na primavera.

Á vez que remata de darlle forma ao seu novo disco, o artista foi creando un novo formato de espectáculo en directo que virará por España durante máis de seis meses e fará a súa parada este verán nos Concertos do Xacobeo, no Festival Costa Feira de Sanxenxo, o sábado 9 de agosto.

Costa Feira, o festival que se celebra cada verán en Sanxenxo desde 2023 consolídase como un referente da música, cultura e gastronomía en todo o país e especialmente en Galicia e as Rías Baixas.

Despois de que polo seu escenario principal pasaran artistas como Romeo Santos, Morat, Lola Indigo, Melendi, Hombres G, Pablo López, Taburete, Andrés Calamaro ou Black Eyed Peas, na súa terceira edición xa anunciou a presenza de grandes nomes da escena nacional e internacional, como son Sebastián Yatra, Leiva, Camilo, Manuel Carrasco, Café Quijano, Guitarricadelafuente, Los Secretos, Don Patricio e Gordo.

Estes dous últimos conquistarán o escenario Bula, o escenario máis enfocado ao lecer nocturno e que conta cun aforo de ata 5.000 persoas, que se suma ao aforo de 12.000 que posúe en escenario principal (que é modulable).

Ademais, tamén atopamos dentro do recinto unha zona gastronómica con espazo para 6 foodtrucks e un escenario para artistas emerxentes.

O impacto positivo de Costa Feira desde a súa chegada a Sanxenxo foi remarcable. Xerou máis de 100 postos de traballo creados durante os 3 meses nos que se activa o festival e contribuíu no aumento da economía local en negocios de hostalería e turismo.

En 2025, Costa Feira busca fortalecer o seu compromiso coa cultura e a música, ademais de avanzar cara a ser un dos primeiros festivais españois 100% ecolóxicos e autosuficientes mediante un recinto en constante mellora.

As entradas para os primeiros concertos confirmados de Costa Feira están á venda en costafeira.com

Costa Feira conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo.

Hora

(Sábado) 22:00

Localización

Polígono de Nantes

Costa Feira - Polígono Industrial de Nantes - 36969 Sanxenxo

Está pasando!