Mediarea | © Culturactiva

Concerto de Mediarea en Pontevedra

mér18set20:30Concerto de Mediarea en Pontevedraciclo Músicas para reCREAr 20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Este mércores, 18 de setembro ás 20:30 horas, o Teatro Principal de Pontevedra acollerá un concerto do grupo morrancense de folk Mediarea.

Mediarea, coñecido pola súa capacidade de combinar instrumentos tradicionais con enerxía vibrante, ofrecerá un concerto celebrando as raíces do folk galego. O repertorio incluirá cancións tradicionais e outras de nova composición como a que dá título ao seu novo vídeo clip ‘Sebo de ghrilo’.

Un tremedo traballo dun grupo con tan só catro compoñentes: un gaiteiro, un acordeonista e dous percusionistas, todos eles excepcionais. Mediarea construe en este trabajo, sobre unha formación de instrumentos galegos, unha proposta sólida, coherente e tremendamente poderosa. Cos pés postos na tradición e a ollada no futuro.



A mellor música de festa galega en estado puro. Mediarea é unha demostración dunha teoría exposta hai ben anos: sen necesidade de meter instrumentos doutras culturas celtas, pódese facer música e espectáculos de primeirísimo nivel.

‘Sebo de Ghrilo’ é un novo disco imprescindible para quen ama a música tradicional de Galicia.

O concerto está encadrado dentro do Ciclo Músicas para reCREAr que organiza a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, en colaboración co Concello de Pontevedra.

A entrada é gratuíta ata completar aforo. As portas do Principal abriranse ás 20:00 horas.


Hora

(Mércores) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!