Concerto de Merino en Vilagarcía

dom08feb12:30Concerto de Merino en Vilagarcía‘Achégate ao Salón!’12:30 Salón García - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O domingo 8 de febreiro, a banda madrilena Merino abrirá a novena edición dos concertos matutinos ‘Achégate ao Salón!’, un dos eventos integrados baixo a marca VGA 365.

Sandra Merino (compositora, guitarrista e cantante) e Alex Gallego (batería e deseño de show) compoñen o este dúo que, coa voz cativadora de Sandra e o estilo fresco e versátil dos seus temas, está a conquistar ao público máis diverso.

De tocar nas rúas nos seus inicios en 2019, Merino pasou a encher salas e festivais con carismáticas composicións e cunha espectacular posta en escena.

‘ACHÉGATE AO SALÓN!’

‘Achégate ao Salón!’ desenvolverase entre febreiro e abril no Salón García, cun concerto por mes. Todos eles a mediodía, ás 12:30 horas, e en domingo.

O ciclo deste ano abrirao a banda madrileña Merino, o 8 de febreiro; seguiralle o dúo feminino Repion, o 29 de marzo; e pecharano o 26 de abril Gala i Ovidio, o novo proxecto emprendido pola Tanxugueira Aida Tarrío co produtor Raül Refree.

Os abonos para asistir as tres actuacións estarán á venda en Ataquilla.com ata o 31 de xaneiro. O prezo do de adultos é de 25 euros, e o de menores de 16 anos e persoas desempregadas, de 15 euros. En todos os casos aplícanse os gastos de xestión.

De non esgotarse os abonos, a partir do 2 de febreiro poranse á venda as entradas individuais para cada un dos concertos, tamén a través de Ataquilla. Os billetes para adultos custarán 12 euros, e os de menores de 16 anos e desempregados, 6 euros, máis a taxa de xestión.

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Salón García

Rúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!